| | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
|
El escenario ha cambiado, personajes diferentes, pero la piratería y los corsarios siguen expoliando bajo otras reglas o subterfugios.
 Los Corsarios del siglo XXI viven bajo mantos de poder público, amparándose en trampas legales.
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
Os postos de traballo son un dos principais argumentos que expoñen as empresas de acuicultura industrial para defender os seus intereses. Nos seus proxectos e através da propaganda mediática, preséntanse pouco menos que como a panacea para as economías das vilas costeiras, ofertando impúdicamente centos de postos de traballo.
|
|
A realidade é ben outra: a acuicultura industrial emprega a día de hoxe en todo o país a pouco máis 500 persoas, entre persoal de dirección, ventas, calidade, marketing, producción e I+D. Cómo podía ser posíbel que por exemplo que Pescanova en Touriñán ofertara 350 postos de traballo e Stolt en cabo Vilán 200, cando nesta última fatoría traballan a día de hoxe unha media de 15 persoas? Datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) recollidos nun informe de 2001 sobre Recomendacións Estratéxicas de I+D+I, falan do estado destas empresas en Galiza: "Plantillas inferiores a 50 traballadores das que máis dun terzo teñen menos de 10 empregados".
Curiosamente o que estas empresas obvian dicir, é a cuantía das suculentas subvencións públicas con que todos e todas financiamos a súa actividade e que poden chegar até o 50%. Por exemplo, para a planta de Mira (Portugal) o estado portugués entregará a Pescanova 45 millóns de ¤ en subvencións públicas directas (sen contar coas subvencións indirectas para milloras tecnolóxicas, infraestruturas de distribución, ventaxas fiscais...), dos 140 millóns de ¤ do total do proxecto. E todo para criar, segundo a empresa, uns 200 postos de traballo (comezaron ofertando máis de mil).
Facendo un rápido cálculo, resulta que cada emprego custa ás arcas públicas nada menos que 225.000 ¤, ou o que é o mesmo, a administración portuguesa pagará con cartos públicos o salario completo dos traballadores de Pescanova (estimamos 15.000 ¤ ao ano) durante 15 anos. Así calquera pon un negocio!
Os promotores do novo plano acuícola fan tamén outro curioso cálculo: as previsións de emprego estímanse dividindo a producción actual polos postos de traballo, e extrapolándoas aos obxectivos de producción e expansión. O ratio é de 1 posto de traballo por cada 11 Tm de peixe producidas, calculando deste xeito que se xerarán 2.800 empregos nos parques proxectados. Isto é unha nova falacia, xa que a acuicultura industrial é un sector cuxos procesos produtivos están altamente automatizados polo que o aumento da producción non precisa dun medre proporcional do persoal. Mesmo pode darse o caso de que a expansión signifique unha merma dos actuais postos de traballo, ao automatizar tarefas que como a alimentación manual, empregan á maior parte do persoal non especializado.
No entanto, o máis grave non é o escaso emprego que crian estas plantas, senon o que poden chegar a destruir nun sector, este sí verdadeiramente estratéxico (98,2% da producción, datos de 2002), que vive directamente dos recursos litorais: a acuicultura mariña, o marisqueo e a pesca de baixura. Na acuicultura a flote e nos parques de cultivo mariños, inexplicabelmente esquecidos neste plano sectorial, traballan de xeito directo unhas 10.000 persoas (datos de 2002), que poden ver comprometido o seu medio de vida pola promoción dunha actividade –a macroacuicultura industrial en terra- altamente contaminante e que só produce o 1,2% do total e cría o 5% do emprego do sector. Alén de carecer de medidas para reducir o efecto dos seus vertidos, nos estudos de impacto ambiental das macroplantas non se avalían as afeccións que producen os centos de millóns de m3 de augas contaminadas sobre a vida mariña e os bancos marisqueiros.
Dende ADEGA preguntámonos a quen beneficia un plano acuícola que bendice a expansión da acuicultura industrial, un sector minoritario en emprego e producción, a costa de poñer en risco a riqueza pesqueira marisqueira da nosa costa. É o coidado dos nosos recursos naturais, unida á a promoción e ordeamento do sector pesqueiro e marisqueiro tradicional, o que debería concentrar os esforzos da consellería e non os intereses das transnacionais do peixe de cemento, concluiron.
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscar más temas relacionados en el buscador de Xornal Galicia
|
Xornal Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Galicia Hoy · · Última Hora · · Concellos de Galicia
Enviar esta noticia a:
 ¿ Que e esto ?
¿ Titulares ?
Del Mundo
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
| |
 |
| |
|
|